Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social na incorporación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia
obxecto de estudo.
Traballos tutelados O alumnado elaborará de forma autónoma ou en grupo, un traballo sobre a temática da materia que será supervisado e tutelado polo/a profesor/a nos aspectos de búsqueda e recollida de información, lectura e bibliografía, redacción, presentación e exposición, etc.
Seminarios Actividades de aula enfocadas ao traballo sobre un tema específico que permiten profundar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas
Estudo de casos/análises de situacións Análise de situacións de casos reais coa finalidade de coñecelos, interpretalos, diagnosticalos e elaborar un plan de intervención basándose na metodoloxía específica da materia de estudo.
Presentacións/exposicións Exposición pola parte do alumnado ante o grupo-clase do traballo realizado sobre a temática da materia así como, si fora o caso, doutros exercicios que se consideren de interese.
Eventos docentes e/ou divulgativos Presentación por parte de profesionais externos que traballen no ámbito da incorporación social, das súas experienzas, funcións e competencias neste campo de traballo.
Traballos de aula O/a estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do/a docente.
Outros Organización de documentación e materiais. Xestiones para a invitación de profesionais externos à Universidade. Imprevistos, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000