Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social na incorporación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase o traballo realizado sobre a temática da materia, así como a súa presentación e defensa 20
Probas de tipo test Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos a través das clases maxistrais e dos seminarios. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta das cales só unha é verdadeira. O sistema de corrección será de acertos menos errores/2, (A-E/2), estando o corte do aprobado en 20 despois da aplica-la fórmula 40
Cartafol/dossier O alumnado deberá presentar un caderno-dossier do traballo realizado, xa sexa persoal ou en grupo, referido ás actividades teórico-prácticas desenvolvidas dentro dos apartados do traballo na aula, estudo de casos e seminarios.
Algúns destes traballos realizaranse de xeito individual na aula para a súa posterior cualificación dentro do proceso de avaliación continua.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular


A planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do alumnado nas clases teóricas e nas actividades prácticas. Considéranse estudantes con asistencia regular os que acudan a un mínimo do 80% das clases teóricas, clases prácticas e titorizacións na aula. A asistencia medirase mediante listaxes de asistencia diarios. Se o estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familia), terá que optar pola segunda modalidade de avaliación.


Para o alumnado desta modalidade de avaliación, realizarase un exame teórico final da materia (convocatoria oficial) nas datas sinaladas na páxina Web da Facultade: 

http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/graotraballosociallateral/exames-traballo-social-lateral.

As actividades prácticas iranse presentando segundo os prazos que se determinen previamente na aula.

Modalidade de avaliación presencial para non asistentes con regularidade

O alumnado que opte por non asistir ás clases, tanto teóricas como prácticas, ou non poida, ou pretendendo ser estudante presencial teña máis do 20% de ausencias tanto na parte teórica como parte práctica, pasará a formar parte desta modalidade de avaliación.

Nesta modalidade, a avaliación e a superación da materia virá determinada polo exame final teórico-práctico (convocatoria oficial) e pola presentación nese mesmo día do caderno-dossier de actividades teórico-prácticas e do traballo de temática relacionada coa materia.


A puntuación destas partes será do 50% para o exame teórico-práctico, o 20% para o cartafol e o 30% para o traballo en materia de incorporación social.


A principios de curso, a docente entregaralle ao estudantado que opte por esta modalidade de avaliación un documento coas actividades do caderno-dossier que deberán presentar, así como as directrices para realizar o traballo da materia.


Estes/as estudantes están obrigados a contactar coa docente a principios de curso para comunicarlle a súa elección por esta modalidade de avaliación.


O alumnado desta modalidade poderá estudar a parte teórica da materia a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle que saiba dar resposta aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvolvidos ao longo do curso e que pode adquirir a través de textos existentes na biblioteca e dos apuntamentos de clase.


Outros comentarios e segunda convocatoria:

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

A superación da materia, tanto para estudantes presenciais con asistencia regular como para os non asistentes con regularidade, implica puntuar en cada un dos criterios de avaliación establecidos - como mínimo - o 50 % da puntuación indicada.


De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.


Tanto para o alumnado da modalidade presencial asistente con regularidade como para o non asistente con regularidade, en caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaránselles as notas tanto da parte teórica coma da parte práctica superadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000