Sesión maxistral |
Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. |
0 |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional cotiá. |
0 |
Presentacións/exposicións |
Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. |
20 |
A nota
final expresarase nunha escala de 0 a 10 segundo normativa vixente. Será
necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das partes avaliables
para poder facer media. Como se pode observar, a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe concíbese como
unha avaliación continua. Será considerado/a alumno/a asistencial cando
teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais, un 80% aos seminarios e un 80% aos pequenos grupos. Existirá unha modalidade de avaliación para estudiantes non asistentes.Aqueles
estudantes que opten por non asistir a clases, ou non poidan, ou
pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan menos da asistencia
requerida para ser considerados como tal, terán que demostrar
-igualmente que os seus compañeiros/as- a adquisición das diferentes
competencias da materia.
As persoas non presenciais, terán que entregar antes da finalización de curso un proxecto
individual de intervención relacionado coa Cooperación para o Desenvolvemento onde se reflictan os coñecementos e destrezas
aprehendidas, dito proxecto de intervención será unha esixencia a maiores de todo aquelo que se solicite ao conxunto do alumnado mediante a avaliación contínua e que figura neste apartado de metodoloxías de avaliación. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto.
Na convocatoria de xullo o alumnado avaliará as competencias e probas non superadas na
convocatoria anterior. Nesta convocatoria de xullo o estudantado non
asistente terá que repetir novamente o exame completo. Non se
gardarán notas de ningunha parte da materia -teoría ou práctica- para o seguinte curso académico. |