Traballos tutelados |
Traballo escrito de extensión media (8-10 pp) sobre calquera texto ou tema do período analizado. Será entregado ó profesor o día no que teña lugar a proba presencial descrita no apartado anterior. O estudante é libre de seleccionar a aproximación e o tema. A pesar de que se lles dará orientación, aconsellamos ós estudantes falar co profesor para recibir atención persoal. |
40 |
O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente ó comezo do cuadrimestre, antes do remate da terceira semana lectiva. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade. O alumnado que
escolla avaliación única será avaliado coa proba presencial final (60%) e co traballo tutelado (40%). Este
alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que polo carácter eminentemente práctico da materia recoméndase a asistencia ás aulas o máis posible. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un única proba final no mes de xullo semellante a proba do final do cuadrimestre. Neste caso a proba final computará coma o 100%. |