Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS XERAIS
Dado o carácter multidisciplinar desta materia e a transversalidade que require, establécense varios bloques de traballo.
Impartiranse contidos teórico-prácticos relacionados e en continuo diálogo co proxecto final (un proxecto de arte múltiple seriado ou realizado por medio de procesos reproductibles).
CONTIDO TEMÁTICO.
Características da arte múltiple contemporáneo: Multiplicación - variación - repetición - transformación.
Confluencia e integración de disciplinas. Hibridación.
Métodos relacionados coa elaboración de obra reproducible: Imaxe analóxica e dixital; Técnicas gráficas tradicionais, experimentais, industriais, mixtas; Fotografía; Ilustración; Cómic; Deseño gráfico.
Do gravado de ilustración ao proxecto seriado contemporáneo: o Libro de Artista, Libro editado; Libro ilustrado; Novela Gráfica; Foto Libro e/ou Cartafol editado.
Ámbitos de difusión e consumo da obra múltiple hoxe: mercado, edición, centros de difusión, certames, feiras, internet…
CONTIDO DO PROXECTO.
Arte múltiple: Proxecto gráfico seriado; Libro editado.
Concepto / idea: narración, códigos visuais, función comunicativa, colección, arquivo, o concepto libro...
Formato: dimensións, relación do todo e os seus partes, obras independentes ou unidas, número de pezas...
Estrutura: fragmentación, secuencialidad, ritmo, bucle, transversalidade...
Procesos: Técnicas de reprodución, técnicas gráficas tradicionais (xilografía, calcografía, serigrafía, técnicas aditivas...), procesos dixitais, fotografía...
Materiais: papeis, outros soportes.
Presentación: cartafol, caixa, libro (portada, tapa, cubertas, solapas, contraportada, gardas...), créditos, ficha técnica.
Investigación paralela. Procura de referentes. Lectura de textos. Presentación do proxecto.
I. GRAVADO E ESTAMPACIÓN I.1. PROXECTO E MEDIO. Elección do proceso técnico máis adecuado á idea de pre-proxecto. Combinación de procesos. Experimentación. Matriz evolutiva. Ferro perdido. Recursos de estampación (viscosidade de tintas, cores, rodetes, collage...). Relacións de permeabilidade entre procesos tradicionais e dixitais.
I.2. GRÁFICA E SERIACIÓN. Repetición / transformación. Da estampa á páxina.
I.3. SOPORTE. Papeis, teas, outros.
I.4. PRESENTACIÓN. Cartafoles, Libro manual ou dixital.
II. DESEÑO GÁFICO / EDITORIAL. MAQUETACIÓN II.1. A TIPOGRAFÍA: tipos, estilos, tamaños…
II.2. MAQUETACIÓN BÁSICA: Composición na páxina: organización, xerarquía visual, codificación, relacións entre texto e imaxe.
II.3. A RETÍCULA. Partes dunha retícula, definición da retícula, marxes.
II.4. PARTES DUN LIBRO. A páxina, a dobre páxina e o todo.
II.5. ENCADERNACIÓN. Tipoloxía da encadernación.
III. DEBUXO E ILUSTRACIÓN III.1. O DEBUXO COMO MEDIO TRANSVERSAL A TODAS As DISCIPLINAS.
III.2. GRAVADO E ILUSTRACIÓN.
III.3. CADERNOS DE CAMPO.
III.4. FANZINE E CÓMIC.
IV. FOTOGRAFÍA IV.1. CONCEPTOS, CREATIVIDADE E MODOS DE EXPRESIÓN NA FOTOGRAFÍA.
IV.2. A IMAXE ANALÓXICA E DIXITAL. Recursos de manipulación e transformación.
IV.3. INPUT DA IMAXE DIXITAL. Escaneado. Resolucións de entrada en relación cos formatos e dimensións finais.
V.4. PRODUCIÓN. Impresoras dixitais e soportes adecuados.
V. INTERDISCIPLINARIEDADE V.1. COMBINACIÓN DE PROCESOS. MESTIZAXE: Xustificación. Adecuación entre concepto e medio.
V.2. DESDEBUXAMENTO DAS DISCIPLINAS: Arte / Comunicación. Deseño / Arte. Imaxe dixital / Imaxe tradicional. O Libro de Artista como proxecto mixto.
V.3. PRODUCIÓN. Relación entre idea e soporte.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000