Aínda que non hai ningún requisito formal para o seguimento da materia, sería conveniente que o alumnado tivera:
1. Coñecementos básicos de xeografía e historia contemporánea de Occidente (grandes procesos e feitos máis relevantes).
2. Certos coñecementos e experiencia na realización de esquemas, mapas conceptuales, resumo e síntese.
3. Manexo básico de follas de cálculo (ex.: Excel), procesadores de texto (ex.: Word), TIC.
4. Certa experiencia na procura de información e bases de datos en Internet.
Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levan a cabo co alumnado na materia, e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico, derivados da dinámica da clase e do grupo de destinatarios real, ou pola relevancia das situacións que poidesen xurdir.
Así mesmo, achegaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Utilizarase para elo a plataforma TEMA (CLAROLINE) en faitic.uvigo.es.
|