Guia docente 2014_15
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clase maxistral con posible apoio multimedia. Concatenación da teoría coa práctica: temas teóricos e exercicios prácticos. Lección maxistral, exposición de contidos e demostracións prácticas por parte do profesor. Recursos de visualización de imaxes e procesos. Observación directa de traballos realizados por alumnos de cursos anteriores. Análises de imaxes reproducidas tanto en libros ou revistas como en diferentes medios audiovisuais.
Proxectos O estudante, de maneira individual ou en grupo, traballa no desenvolvemento do proxecto e presenta o resultado do seu traballo ante o profesor e un grupo de estudantes. Desenvolvemento do proxecto: definición; concreción do marco conceptual do proxecto de libro de artista; revisión e cualificación do proxecto teórico que se vai desenvolver durante o cuadrimestre; bosquexos, esquemas, secuencia, presentación de estrutura, partes do libro e retícula; presentación e defensa do proxecto en público empregando un modelo de presentación audiovisual ou informático; exposición dos traballos teóricos e prácticos de clase; aprobación e posta en acción do proxectado; produción e elaboración física; elaboración de memoria xustificativa teórica; defensa final e entrega do proxecto.
Prácticas de laboratorio Os estudantes traballan individualmente ou en grupo baixo supervisión do profesor. Exercicios prácticos de aprendizaxe de subtemas. Titorías e correccións.
-Elección progresiva: ofrecerlle ao alumno a posibilidade de elixir diferentes opcións de traballo en función dos seus intereses, preferencias, capacidades, etc.
-Consideración de ritmo e metodoloxía de traballo persoal.
-Orientación crítica do traballo que se estea a realizar respectando o desenvolvemento creativo persoal.
Seminarios Cursiño de curta duración cun sistema de traballo cunha forte carga práctica a cargo dun profesor ou un especialista invitado ad-hoc.: toma de contacto con profesionais do ámbito, invitados nacionais ou estranxeiros para ver en que e como se está a traballar dunha maneira práctica no campo das creacións de obra múltiple editorial. Charlas-coloquio, entrevistas a artistas, conferencias, seminarios, etc.
Saídas de estudo/prácticas de campo Un grupo de estudantes realiza unha saída fóra do centro xunto cun profesor:
-Visitas a exposicións, museos, institucións, empresas, etc.
-Visitas a outros centros de ensino ou laborais (imprentas industriais).
-Organización de actividades en colaboración con outras institucións, por exemplo, avaliación dalgún exercicio por parte dun museo, entendidos, críticos, galeristas, deseñadores, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000