Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Contidos
Tema Subtema
BLOQUE 1. ASPECTOS INTRODUCTORIOS. NOCIÓNS BÁSICAS FUNDAMENTAIS. Tema 1. Aproximación aos marcos contextuais da cooperación ao desenvolvemento: globalización e relacións norte-sul. Pobreza e conceptos asociados, igualdade e desigualdade.

Tema 2. Introdución á cooperación. Conceptualización e nocións basicas. Fundamentos da cooperación para o desenvolvemento. Evolución histórica, enfoques e teorías.
BLOQUE 2. OS INSTRUMENTOS DA COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO. Tema 3. A Axuda Oficial ao Desenvolvemento. Os instrumentos da Axuda Oficial ao Desenvolvemento: A Cooperación Bilateral e a Cooperación Multilateral. Os actores da axuda: Institucións e administracións públicas, Organizacións intergubernamentais, Organizacións Non Gubernamentais para o Desenvolvemento.
BLOQUE 3. MARCO NORMATIVO. O SISTEMA ESPAÑOL DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO. CONTEXTUALIZACIÓN NA C.A. GALEGA. Tema 4. O Sistema Español da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento. Lei Española de Cooperación Internacional. Plan Director da Cooperación Española.

Tema 5. Contextualización na Comunidade Autónoma Galega. O III Plan Director de Cooperación Galega. A Coordinadora galega de ONGs para o desenvolvemento.
BLOQUE 4. TRABALLO SOCIAL E COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. Tema 6. O Traballo Social en Cooperación. Ámbitos de intervención. Sensibilización dos países do norte e intervencións de cooperación nos países do sul. A sociedade civil. A figura do/a voluntario/a e do/a cooperante. As Organizacións Non Gubernamentais para o Desenvolvemento.
BLOQUE 6. DISEÑO E XESTIÓN DE PROXECTOS SOCIAIS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO. FERRAMENTAS METODOLÓXICAS. Tema 9. Diseño e xestión de proxectos sociais de cooperación ao desenvolvemento. Os proxectos de desenvolvemento e os proxectos de emerxencia ou axuda humanitaria.

Tema 10. Xestión do ciclo dun proxecto. O Enfoque do Marco Lóxico. Financiamento da cooperación ao desenvolvemento: Organismos nacionais, europeos e internacionais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000