Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros Asistencia, participación, interacción e realización das actividades/tarefas encomendadas nos seminarios preparatorios antes de iniciar ás prácticas en institucións. 5 Máximo
Outros Asistencia, participación, interacción e realización das actividades/tarefas encomendadas para as supervisións individuais.
5 máximo
Titoría en grupo Asistencia, participación, interacción e realización das actividades/tarefas encomendadas para as supervisións grupais 10máximo
Informes/memorias de prácticas Informe final do profesional titor externo relativo á valoración do proxecto de prácticas persoal do alumno na institución externa 50 máximo
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Memoria do prácticum realizada polo/a alumno/a 30 máximo
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación


 


A avaliación do prácticum deberá verificar a capacidade efectiva de desenvolver tarefas concretas da actividade profesional, así como a adquisición das destrezas e aptitudes correspondentes.


A avaliación terá carácter continuado a traverso do seguemento do traballo titorizado. de seguimento e criterios de avaliación do mesmo, que incluirá a valoración dos informes dos/as titores/as externos, as actividades de seguimento e supervisión dos/as titores/as académicos/as, así como a memoria final do alumnado.


En todo caso, a nota final do alumnado virá dada nun 50% pola valoración
emitida polos/as titores/as das entidades colaboradoras e o outro 50%
será emitido polo/a titor/a académico, en función das activades de
seguimento, supervisión e a memoria final. Será requisito o depósito dunha copia da memoria de prácticas na institución colaboradora en formato e data establecida pola coordinación.


O titor académico da universidade será o responsable da síntese avaliativa. A cualificación final será numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente. Para superar a materia será necesao aprobar por independente cada unha das metodoloxías de avaliación.


SEGUNDA CONVOCATORIA:


Avaliaranse as competencias non superadas e adquiridas na convocatoria do primeiro semestre.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000