O obxectivo desta materia é abordar a diversidade do turismo de interior como dinamizador de espazos xeográficos diferenciados, así como coñecer as diferentes modalidades de produtos turísticos e a súa xestión e comercialización.
Os contidos porán de relevo a importancia que nos últimos anos ten este tipo de turismo, identificando e analizando diferentes produtos en turismo cultural, turismo no espazo rural, espazos naturais, turismo gastronómico e enolóxico, turismo termal, etc.