Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de destinos de interior
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e compañeiras e compañeiros dos
resultados dun traballo de investigación en grupo sobre un tema relacionado cos contidos da materia.
10 A4
B1
B3
B5
B7
C3
C4
C5
C9
C10
C13
D1
D2
D3
Estudo de casos Realización de casos prácticos ou análises de situacións diversas sobre xestión turística de interior, individuais ou en grupo, segundo decida o docente.
Terase en conta o traballo que se realiza na aula, a actitude, xestión do tempo e resultados finais.
20 B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C9
C10
C13
D1
D2
D3
Traballo Realizarase un traballo de investigación en grupo sobre un tema relacionado co temario previamente acordado coa profesora.
O traballo presentarase e defenderase a finais do cuadrimestre.
20 A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C4
C5
C9
C10
C13
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento, exame de tipo mixto que pode incluir preguntas curtas, preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso
tipo test, etc.
50 A3
A4
B3
B5
B8
B9
B10
C3
C4
C5
C10
C13
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que supónse a asistencia das alumnas e alumnos e a súa participación e actitude activa nas actividades propostas.

As prácticas nos grupos medianos están planificadas para que a maioría das actividades se realicen e entreguen na aula presencialmente. 

Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistena de avaliación.

Para ter en conta na avaliación continua as notas do traballo final e as actividades de aula, o exame non poderá ter unha nota inferior a 4 puntos para poder realizar a media das cualificacións.  

A avaliación por medio de exame, organizase en dous exames parciais eliminatorios, existindo tamén a posibilidade de recuperar na data oficial de exames a parte correspondente se se suspendera algún parcial.

Se algún alumno/alumna debe recuperar o exame na convocatoria de xuño ou xullo, gardaríanse as notas da avaliación continua nesas convocatorias. 

Os alumnos e alumnas que non opten pola avaliación continua deberán facer un exame oral  sobre os contidos da materia que representará o 100% da cualificación.

 As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Centro para o curso 2019-2020
En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da Fcetou.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000