Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión de destinos de interior
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Estudo de casos Lectura, análise e comentario de artigos e casos prácticos que levaran ao alumnado a obter resultados prácticos sobre situacións e experiencias que analizan a xestión do turismo de interior .
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedementais en relación coa materia, a través das TICs. Realización en laboratorio de informática.
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos relacionados cos contidos da materia
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e compañeiras e compañeiros dos
resultados dun traballo de investigación en grupo sobre un tema relacionado cos contidos da materia.
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000