AVALIACIÓN CONTINUA (AC): Os alumnos que opten pola avaliación continua, serán avaliados do seguinte modo:
- RESOLUCIÓN DE ESTUDO DE CASOS (20%): Os alumnos desenvolverán un caso baseado nun tema , de maneira individual e por escrito en horario lectivo sobre os contidos impartidos ata o momento. A data será publicada en Moovi e anunciada polo coordinador da materia na aula con antelación. - EXAME PARCIAL DE MARZO (40%): Os alumnos realizarán un exame parcial dos contidos impartidos ata o momento. A data será a finais do mes de marzo de 2024, en horario lectivo e será publicada con antelación en Moovi e anunciada polo coordinador da materia na aula con antelación. Constará de 50 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán.
Os alumnos que obteñan unha puntuación igual ou superior ao 50%, eliminarán materia e non terán que examinarse desta parte no exame final de maio. -EXAME FINAL DE MAIO (40%): Constará de 50 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas.
Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. Será necesario obter unha nota igual ou superior ao 50% para poder facer media coa nota obtida no desenvolvemento do casos e o exame parcial de marzo. Aqueles alumnos que non eliminen materia no parcial de marzo, realizarán o mesmo exame (co mesmo número de preguntas 80) que os alumnos que realicen avaliación global. O estudo de casos, computará un 20% da cualificación e o exame un 80%. AVALIACIÓN GLOBAL: O estudantado que opte pola avaliación global ou que perdan o dereito á avaliación continua, realizarán o exame na data oficial establecida polo centro (100% da nota). Constará de 80 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta e unha soa opción válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. 2ª OPORTUNIDADE: O 100 % da cualificación será a obtida no exame, de similares características ao da Avaliación global. |