O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da asignatura e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA OU GLOBAL). A elección individual do estudantado será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para elo, e publicada na web. AVALIACIÓN CONTINUA (AC):O 20% de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito de AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza de órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (adxuntando xustificante pertinente). A calificación da avaliación continua obterase mediante a suma de tódalas metodoloxías integrantes, 5 en concreto . Será necesario acadar un mínimo de 4/10 en cada unha das metodoloxías que integran a asignatura, de carácter obrigatorio todas elas. EXAME DE PREGUNTAS OBXETIVAS.: 40 PREGUNTAS TEST (20 preguntas Martín Ferro+20 preguntas Alicia Muiños). A data do exame coincidirá coa establecida no calendario oficial de exames (AULAS 21 e 23). Data compartida coa modalidade de avaliación global. Aqueles estudantes que non poidan seguir a avaliación continua, ou renunciaran a ela, serán avaliados mediante o sistema de avaliación global. IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento das distintas probas que compoñene a AC será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI. AVALIACIÓN GLOBAL (AG): Realizarase un examen global que suporá o 90% da calificación da materia. O exame será tipo test con catro opcións de resposta (cada resposta incorrecta restará 0,25) e constará de 80 preguntas (Preguntas: 35 Martín Ferro + 35 Alicia Muiños + 10 Dr Palomino). Ádemáis será OBRIGATORIA A REALIZACIÓN do OBRADOIRO de Neurocirurxía (10%). Para optar ao aprobado, será necesario alcanzar un 5/10 en ambas metodoloxías. IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento da modalidade de avaliación global será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI. 2ª OPORTUNIDADE: De non superar a asignatura en calquera das dúas modalidades na 1ª oportunidade, implicará acudir a 2ª oportunidade mediante a realización dun exame global tipo test composto por 100 preguntas con catro opcións de resposta. Cada resposta incorrecta restará 0,25. (40 Martín Ferro + 40 Alicia Muiños + 20 Julio Palomino). MATRÍCULAS DE HONRA Para discernir a matrícula de honra en caso de idéntica calificación entre varios estudantes, utilizarase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...), considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a calificación final en primeira oportunidade, sera de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |