Para a avaliación do Traballo Fin de Máster, o alumno/a deberá, previamente, facer o depósito do mesmo segundo as indicacións do coordinador/a da materia. En todo caso, ao realizar o depósito, o alumno/a deberá entregar a solicitude de defensa na convocatoria da súa elección, o informe do seu titor/a debidamente asinado e coa cualificación outorgada en base dez, así como o extracto do expediente académico que acredite ter superadas todas as materias do máster, a excepción da materia "Traballo Fin de Máster". Así mesmo, deberá enviar o Traballo Fin de Máster en formato pdf segundo as indicacións do coordinador/a da materia. |