Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Traballo autónomo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen
final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7
preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos
epígrafes ou subepígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a
adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de
extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40 %
da nota final.
Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación
continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba.
40 A2
A3
A4
A5
B2
B3
D1
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios
sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida
en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación
destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame
final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas
polo docente no cronograma da materia.
40 A2
A3
A4
A5
B2
B3
D1
D5
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades
concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo
docente responsable o primero día da clase.
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C29
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA XANEIRO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final).

DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade 

a) Avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80
% das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con
informe médico-, se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO
TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE
DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE
UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA
A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA. 

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun
examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e
representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica). 

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade) 

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non
superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso
de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. 

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade
Na convocatoria 

FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que
representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000