Lección maxistral |
As clases teóricas impartiranse durante as 15 semanas do cuadrimestre. Nelas exporanse de forma reducida os principais contidos da materia con apoio de diferente material didáctico (power point, libros de texto, artigos e noticias de actualidade relacionadas). Deterémonos con máis detalle nos puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é necesario traballar previamente a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas. |