Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado. Aquel alumnado que non conte coa citada porcentaxe de asistencia, terá que realizar a probas indicadas no apartado de avaliación en criterios para alumnos non asistentes, nas datas establecidas oficialmente para a primeira convocatoria e, se é o caso, para a segunda.
Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
|