Ao longo do curso realizaranse catro probas eliminatorias parciais, cada unha cunha ponderación do 25% da nota final. Cada proba parcial conterá preguntas obxectivas (20% da nota) e problemas (80% da nota). Nos meses de xuño e xullo, o alumnado poderá realizar de novo (para "recuperar" o para subir nota) calquera destas probas parciais. O alumnado que se acolla á modalidade de avaliación global no prazo establecido polo centro poderá optar ao 100% da nota en xuño e/ou xullo presentándose ás catro probas parciais. En todo caso, para superar a materia será necesario obter 5 puntos sobre 10 na nota final. Os alumnos que realicen unha proba consideraranse presentados. Os comportamentos deshonestos (por exemplo, plaxio, trampas durante os exames, falsificación de documentos) poden levar a suspender a materia. O calendario de exames está dispoñible en http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes. |