OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN O estudantado terá dereito a dúas oportunidades de avaliación. As datas de entrega e defensa do traballo de fin de mestrado serán as establecidas de maneira oficial polo Decanato da FFT e notificaránselle ao alumnado con suficiente antelación a través da plataforma de teledocencia e da propia web do MTCI. É responsabilidade do alumnado consultar de forma regular as últimas novidades publicadas na web do MTCI para estar ao tanto das datas de entrega e presentación do Traballo Fin de Mestrado (TFM). CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER 1. O/A titor/a realizará a avaliación. 2. Recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO aqueles traballos plaxiados ou que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais da lingua usada na redacción. 3. O desenvolvemento da sesión de defensa pública do TFM perante o tribunal UNIPERSOAL será o seguinte: – Presentación por parte do/a estudante dos aspectos máis relevantes do seu traballo (aprox. 10 minutos).
– Intervención do/a titor/a, na que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (aprox. 10 minutos).
– Resposta do estudante á intervención do titor (arpox. 5 minutos). DESGLOSE DOS PORCENTAXES DA CUALIFICACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER
Parte A. Valoración do TFM redactado (70%) Parte B. Presentación e defensa (30%) |