Avaliación na primeira edición de actas (maio/xuño)
- A avaliación será continua e basada nos tres parámetros arriba indicados e súas correspondentes porcentaxes da cualificación final. -É requisito indispensable para aprobar a asignatura asistir a tódalas sesións presenciais e obter alomenos un 5 (sobre 10) no traballo escrito e nas demáis actividades avaliables. - No caso de obter unha nota inferior a un 5 no traballo escrito ou en calquera outra actividade avaliable, o alumno/a terá a oportunidade de refacer o traballo/actividade segundo as instruccións que reciba ao respecto e presentalo(s) para unha nova avaliación na segunda convocatoria en xuño/xullo. -A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso nesa proba avaliable.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia
-O alumno/a que non poda asistir ás sesións presenciais e realizar as actividades do curso coa regularidade necesaria por causa debidamente xustificada será avaliado/a en base á realización autónoma dun traballo escrito coa súa correspondente presentación oral en clase no día e hora acordados entre a profesora e o alumno/a. Este traballo computará como o 100% da cualificación. -A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido senón tamén a súa corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial no traballo escrito ou presentación oral suporá un suspenso na materia.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Avaliación na segunda edición de actas (xuño/xullo) -O alumno/a que non supere a materia na primeira edición de actas por non ter superado o traballo escrito coa súa correspondente presentación oral e/ou as actividades do curso terá a oportunidade de refacer e presentar o traballo e/ou actividades segundo as
instrucións que reciba ao respecto pola profesora para a súa nova
avaliación na segunda convocatoria en xuño/xullo. O traballo ou actividades computarán cada unha sobre 10, manténdose a(s) porcentaxe(s) das partes aprobadas na primeira edición de actas. -No caso de tratarse de alumnado con dispensa a clase, a avaliación de xullo farase en base ao traballo escrito coa súa correspondente presentación oral e computará como o 100% da cualificación. -A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido senón tamén a súa corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial en
calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso nesa proba.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. |