Para poder cursar con aproveitamento esta materia, é recomendable ter acadado o nivel B2,2 en alemán. O alumnado deberá ir ampliando os seus coñecementos de lingua e cultura alemás de maneira autónoma para acadar polo menos o nivel C1.1 ó remate do semestre.
Alumnado cuxa 1ª lingua non sexa o galego (alumnado Erasmus, Seneca etc.): Requírese polo menos un nivel B2 na lingua galega e C1 da lingua alemá ou C1 en galego e B2 en alemán.
É responsabilidade do alumnado consultar a documentación e os anuncios a través da plataforma de teledocencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000