**PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA.
-------------------------------------------
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: Dous sistema de avaliación: 1 Presencial e avaliación continua (as probas e porcentaxes de avaliación son os arriba indicados: exame presencial (20%) de teoría e tradución (dobraxe e subtitulación) e 2 encomendas (60%) a través de Moovi (dobraxe e subtitulación). As lecturas e traballo de aula suman o 20% restante. As datas das probas serán fixadas pola docente ao longo do curso e publicadas en Moovi. No caso da avaliación continua, a asistencia non é obrigatoria, pero a docente poderá establecer outros sistemas de control da participación do estudantado (traballos de curso con prazos en Moovi, etc). 2 Non presencial e avaliación única: exame de teoría (30%) e práctica (70%: dobraxe --35%-- e subtitulación --35%--) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): O/A alumno/a que siga o sistema de avaliación continua e non acade a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no calendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo. Os/as alumnos/as que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que terá as mesmas partes e condicións que o exame de avaliación única da primeira edición de actas. Todas as probas realizaranse na lingua termo da combinación da materia. Respecto á avaliación, se se detecta plaxio (total ou parcial), a cualificación será 0. A entrega de calquera traballo, lectura ou encomenda fóra de prazo contará como un 0. É responsabilidade do/da alumno/a consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. **Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS. |