Traballo tutelado |
O traballo tutelado consiste na realización sistemática de tarefas de tradución á vista e interpretación simultánea B-A en cabina e co tempo controlado, de diversos temas e extensión.
O traballo ten asignada unha porcentaxe do 40% da nota final e se utilizará para obter unha visión de conxunto do rendemento do alumnado ao longo do curso. |
40 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C13 C14 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C23
|
D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D18 D19 D20 D21 D22 D23 D24
|
Exame oral |
Proba final obrigatoria de tradución á vista B-A.
O sistema de avaliación consiste na valoración de tres aspectos:
(1) Técnica de traballo
(2) Expresión correcta, e
(3) Transmisión precisa dos contidos.
En cada un dese tres apartados o alumnado partirá dunha puntuación de 50 puntos, dos cales irán descontándose penalizacións en función dos erros cometidos. Ditas penalizacións oscilarán entre os menos 10 puntos para os erros máis graves (graves erros de contido, interrupción da produción, segmentos incomprensibles) e os menos 3 puntos para os menos graves (ruídos, tatexo, omisións, uso incorrecto do léxico) e para cada unha das categorías descritas. A aparición de elementos inaceptables no traballo da intérprete -como a interrupción repetida ou prolongada no tempo da súa produción, ou o uso de expresións malsoantes, a presenza de risas e manifestacións de malestar, ou o feito de non activar o micro ou o sistema de gravación, entre outros- invalidará a totalidade da proba, que se dará por suspenso.
A cualificación final do exame será o resultado de facer a media entre o tres apartados avaliados. O aprobado estará en 25 puntos (a metade da puntuación total). Con todo, non se farán medias caso de que en calquera do tres apartados a puntuación obtida non chegue á metade do aprobado (12,5 puntos). Os textos de exame terán unha extensión aproximada de entre 400 e 600 palabras. |
30 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7
|
D5 D7
|
Exame oral |
Proba final obrigatoria de interpretación simultánea B-A.
O sistema de avaliación consiste na valoración de tres aspectos:
(1) Técnica de traballo
(2) Expresión correcta, e
(3) Transmisión precisa dos contidos.
En cada un dese tres apartados o alumnado partirá dunha puntuación de 50 puntos, dos cales irán descontándose penalizacións en función dos erros cometidos. Ditas penalizacións oscilarán entre os menos 10 puntos para os erros máis graves (graves erros de contido, interrupción da produción, segmentos incomprensibles) e os menos 3 puntos para os menos graves (ruídos, tatexos, omisións, uso incorrecto do léxico) e para cada unha das categorías descritas. A aparición de elementos inaceptables no traballo do intérprete -como a interrupción repetida ou prolongada no tempo da súa produción, o uso de expresións malsoantes, a presenza de risas e manifestacións de malestar, ou o feito de non activar o micro ou o sistema de gravación, entre outros- invalidará a totalidade do exame, que se dará por suspenso.
A cualificación final do exame será o resultado de facer a media entre o tres apartados avaliados. O aprobado estará en 25 puntos (a metade da puntuación total). Con todo, non se farán medias caso de que en calquera do tres apartados a puntuación obtida non chegue á metade do aprobado (12,5 puntos).Os textos de exame terán unha extensión aproximada de entre 400 e 600 palabras. |
30 |
|
|
|
|
Os parámetros de valoración e penalización das probas explicanse polo miúdo na derradeira sesión práctica do curso. Recoméndase a todo o alumnado que asista a esa sesión. O estudantado que decida acollerse ó sistema de avaliación continua deberá indicalo ó longo do primeiro mes do curso. Pasado ese prazo, e de non haber indicación ó respeto, entenderase que se acollen ó sistema de exame final único.
Para acollerse ó sistema de avaliación continua recoméndase asistir a, polo menos, un 80% das sesións de clase.
O alumnado que suspenda a materia nunha convocatoria deberá examinarse da totalidade da materia nas seguintes convocatorias de exame.
As probas se llevarán a cabo nas datas oficiais establecidas no calendario de exames da FFT en todas as convocatorias. Ese mesmo día e nesa mesma sesión se realizarán as probas tanto para o alumnado de avaliación continua como para os de avaliación única.
PARA O ALUMNADO QUE SE ACOLLA Ó SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA EN PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
En segunda convocatoria e en modalidade de exame final único o sistema de avaliación será o mesmo que para a primeira oportunidade, excepto porque en segunda oportunidade e exame final único non se valorará a avaliación continua do alumnado.
|