Resolución de problemas |
O alumnado traballará na aula e fóra dela de xeito individual ou grupal. Farao mediante múltiples exercicios, de diversas lonxitudes, que se centrarán na resolución de problemas en distintos ámbitos da tradución. Estes exercicios porán en práctica o asimilado a través de explicacións e lecturas e fomentarán, entre outras habilidades, a aprendizaxe autónoma, o traballo en equipo e o espírito crítico. |
Lección maxistral |
Explicaranse puntos teóricos e analizaranse casos ou situacións habituais na práctica profesional que se exercitarán mediante actividades fóra e dentro da aula. É fundamental que o alumnado traballe e asimile os devanditos puntos teóricos. |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
O alumnado realizará encomendas de tradución, dun xeito individual ou en grupos, á maneira de problemas abertos, para adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, organización, comunicación e busca de solucións afondar na súa propia aprendizaxe. |