a) Avaliación continua e única presenciais
O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua ou avaliación única (no caso da única, cómpre que indique (mediante envío de correo electrónico a lilianavalado@uvigo.gal) que se acolle a esa modalidade, antes do 30 de setembro de 2024). 1 Avaliación continua: para o alumnado que realice as probas examinatorias de máis abaixo, así como que entregue as actividades solicitadas ao longo do curso. As actividades obxecto de entrega e avaliación serán: A primeira proba presencial (40%) contará cunha parte teórica
(leccións maxistrais, contextualización, actividades introdutorias, teoría, procesos, ética...); a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi. A segunda (30%) consistirá na realización presencial dunha tradución (600 palabaras máximo). A realización é presencial; a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi. A terceira proba será revisión e corrección individuais dunha tradución: 30%. A realización é presencial; a data será fixada pola docente ao longo do curso e publicada en Moovi. No caso da avaliación continua, a asistencia non é obrigatoria, pero a docente poderá establecer outros sistemas de control da participación do estudantado (traballos de curso in situ...) que favorecerán a cualificación final. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas. 2 Avaliación única (sen medios telemáticos): Existen dúas convocatorias: en xaneiro (na data oficial de exame para a primeira edición de actas fixada pola FFT) e en xuño-xullo (igualmente na data oficial para a segunda edición de actas). As probas consisten en:
— Proba teórica (40%): conformada a partir dos contidos de "[lectura obrigatoria]" que aparecen en Moovi (e dispoñibles na biblioteca). A extensión será acorde co tempo de exame.
Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será
unha proba de tipo resposta media ou longa. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso de
resposta incorrecta. — Proba práctica 1 (30%):
traducións con dicionario (castelán-galego) de textos
tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Moovi). A extensión será
acorde co tempo de exame. — Proba práctica
2 (30%): revisión e corrección (con marcas sobre papel) individuais dunha tradución de textos tematicamente vinculados aos
empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Moovi). A extensión será
acorde co tempo de exame. En ningún caso,
as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de
aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas. Ao ser única, non se gardan as partes aprobadas dunha convocatoria de actas para a otra. Importante: para adherirse á avaliación única, o estudantado deberá enviar un correo electrónico á docente antes de 30 de setembro de 2024. c) Baremo e outros comentarios
O baremo é
o seguinte: 1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.
Os erros ortograficogramaticais así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación. 2 Exercicio de tradución: Sen sentido (SS): -1,00Contrasentido (CS): -1,00 Sentido diferente (DS): -1,00
Omisións (Om): -1,00 Erro de gramática (G): -0,50 Erro de sintaxe (S): -0,50 Erro de léxico (S): -0,50 Erro de ortografía (O): -0,25 Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15 A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar. |