1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
a) Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións para superar a materia:
-Entrega dos traballos nos prazos establecidos. O traballo tutelado, divulgación científica, constará dunha parte escrita e dunha parte oral para presentar na aula.
- Presentación ó exame: fixarase unha data na última semana de curso. Este exame poderase repetir, se non se aproba, na data oficial que fixe a Facultade.
Importante
Cómpre obter no exame un 5 para que faga media co resto das probas. A resolución de problemas (resolución de problemas terminolóxicos) e o traballo tutelado (divulgación científica) só suman nota, non condicionan o aprobado na materia. Débese entender que para superar a materia hai que obter un 5 coa suma de todas as probas ponderadas.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación global.
b) Avaliación global
Haberá un exame sobre todos os contidos da materia, por valor dun 100% da nota, na data fixada pola Facultade.
2ª edición das actas
Haberá un exame sobre todos os contidos da materia, por valor dun 100% da nota, na data fixada pola Facultade.
O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións das probas superadas se así o desexar.
Datas oficiais dos exames
A data oficial do exame, tanto para a avaliación continua como a global, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas, da gramática da lingua, do léxico xeral e das destrezas de redacción, aínda que non sexan contidos específicos do curso. Daquela, nos traballos a falta de corrección será penalizada na maneira en que se indique en cada un deles.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame implica unha cualificación de 0.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.