Forma parte do traballo autónomo do alumnado a lectura tanto de libros, diarios, blogs e revistas da actualidade social, como o visionado de películas e series das culturas francófonas e española.
O alumnado Erasmus que desexe cursar esta materia deberá presentarse como moi tarde a 3ª semana de clase. De non ser así, non poderá cursar a materia porque xa se impartiron clases fundamentais para poder seguir o seu desenvolvemento e participar activamente nesta.
O alumnado Erasmus que non teña como linguas de traballo principais francés e español debe realizar unha proba de nivel (redacción e/ou unha tradución curta), para comprobar que está capacitado para traducir cara ao español. Recoméndase polo menos B2 para cada unha das linguas.
As probas de tradución con tempo limitado así como os encargos serán menos extensos para o alumnado Erasmus.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000