Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Durante as sesións "prácticas" das semanas 5-6 e 12-13, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking", onde a primeira proba computará coma o 5% da nota final e a segunda proba, coma o 15% da nota final. 20 A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C9
C12
Exame de preguntas obxectivas Durante as sesións "teóricas" das semanas 5 e 12, o alumnado realizará dúas probas da destreza "Listening", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% (total na nota final: 20%).

Durante as sesións "teóricas" das semanas 6 e 13, o alumnado realizará dúas probas da destreza "Vocabulary", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% (total na nota final: 20%).
40 A1
A2
A5
B10
C1
C8
C11
C12
Traballo Na metade e no final do cuadrimestre o alumnado realizará na aula dous traballos escritos que avaliarán a destreza de "Writing", onde cada proba terá un peso na nota final de 10% e 20%, respectivamente (porcentaxe total do "Writing" na nota final: 30%).

Ademais, o alumnado realizará unha proba de "Reading" nunha sesión de clase sen previo anuncio, cuxa no ta computará coma o 10% da nota final.
40 A3
A4
A5
B9
B10
C2
C9
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición deactas:


a.1) Avaliación continua:

O dominio das competenciaslingüísticas e comunicativas a nivel C2 será avaliado por medio de probas paracada unha das destrezas especificadas no programa.

As probas orais, en forma de presentacións,terán lugar na metade e no final do cuadrimestre,en datas concretadas pola docente coordinadora da materia con suficiente antelación.

As probas de escoita teránlugar durante sesións teóricas na metade e final do cuadrimestre.

As probas de Writingconsistirán en dous escritos realizados na clase cara á metade e ao final do cuadrimestre, en datas concreatdas pola docente coordinadora da materia.

As proba de contido deVocabulary terán lugar en sesións sesións teóricas cara á metade e ao final do cuadrimestre, en datas concreatdas pola docente coordinadora da materia.

O alumnado realizará unha proba de "Reading" nunha sesión de clase sen previo anuncio, cuxa no ta computará coma o 10% da nota final.

Os contidos gramaticais non serán avaliados con pribas específicas, senón que se terán en conta nas probas de "Speaking" e "Writing".

Se alguén realiza só unhaproba parcial, a súa nota corresponderase coa nota ponderada obtida nesa proba.En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás anunciadaspola docente coordinadora da materia. Para aprobar a materia, o alumnado deberá aprobar cada unhadas partes que se avalían cunha nota mínima de 5. O suspenso nunha destaspartes implica un suspenso na materia.

De suspender algunha(s)das partes de que consta a materia, o alumnado examinarase no mes dexullo da(s) parte(s) suspensa(s) (para máis detalles, véxase apdo. b). Denon aprobar en xullo, o alumnado deberá examinarse de todas as destrezas noseguinte curso académico (non se gardarán notas parciais das distintasdestrezas dun curso para outro).

A realización dunha ouvarias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte doalumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua nonpoderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actascorresponderá ao cómputo das notas obtidas na(s) proba(s) realizada(s) duranteo curso.

a.2) Avaliación única:

O alumnado que non realiceningún exame parcial poderá presentarse a un exame único (100% da cualificaciónfinal), que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames daFacultade de Filoloxía e Tradución. Ese exame terá asignadas as porcentaxes queseguen:

1) Vocabulary -- 20% dacualificación final

2) Writing -- 30% dacualificación final

3) Speaking -- 20% dacualificación final

4) Listening -- 20% dacualificación final

5) Reading -- 10% dacualificación final

Para aprobar a materia, oalumnado que se presente ao exame único deberá aprobar cada unha das destrezasque se avalían cun mínimo de 5. O suspenso nunha destas partes implica unsuspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes das que consta o exameúnico, o alumnado examinarase no mes de xullo da(s) parte(s) suspensa(s) (paramáis detalles, véxase apdo. b). De non aprobar en xullo, o alumnado deberáexaminarse de todas as destrezas no seguinte curso académico (non se gardaránnotas parciais das distintas destrezas dun curso para outro). Como se indicouanteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema deavaliación continua non poderá realizar o exame único.

b) Segunda edición de actas(xullo):

O alumnado que suspenda aavaliación continua ou, de ser o caso, o exame final, será avaliado mediante oexame único que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo. Ese exame teráasignadas as porcentaxes que seguen:

1) Vocabulary -- 20% dacualificación final

2) Writing -- 30% dacualificación final

3) Speaking -- 20% dacualificación final

4) Listening -- 20% dacualificación final

5) Reading -- 10% dacualificación final

Tal e como se explicou noapdo. a), a este exame poderá presentarse o alumnado que teña suspensa algunha(s) das partes da materia. O alumnado deberá examinarse só da(s) parte(s) que tensuspensa(s) e gardaránselle as notas parciais das outras partes obtidas ben aolongo do curso, ben no exame único (ditas notas só se gardarán ata aconvocatoria de xullo, en
ningún caso durante máis tempo).

Para aprobar a materia, oalumnado que se presente ao exame único deberá aprobar cada unha das destrezasque se avalían cun mínimo de 5. O suspenso nunha destas partes implica unsuspenso na materia.

c) Observacións finais:

Para aterse á avaliación continua será necesario aistir á clase, pois haberá porbas que se realizarán sen previo aviso (nomeadamente, a proba de "Reading"). O equipo docente non terá a obriga de comunicar datas de probas mediante MooVi nin correo e-.

Durante a realización dosexames presenciais non se permitirá a utilización de dicionarios, ordenador,teléfono móbil, nin a conexión a internet. No caso de avaliación non presencialnon se permitirá o uso de dicionarios e só se poderá usar internet para accederá plataforma na que se faga o exame.

A reprodución total ou parcial de contidoscuxa autoría non sexa do alumnado sen que este cite as fontes dos devanditos contidosconstituirá plaxio; o plaxio considérase falta moi grave, e conducirá aosuspenso na parte ou partes en que se teña
incorrido nesta falta.

N.B.: A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000