Lección maxistral |
Sesións destinadas á exposición dos contidos teóricos e á presentación das propostas dos traballos e exercicios a desenvolver, sinalando as directrices e obxectivos dos mesmos. |
Seminario |
Correccións colectivas dos resultados parciais e dos proxectos desenvolvidos. Os contidos aparecen aquí como o catálogo de problemas recoñecidos desde a experiencia do taller. |
Traballo tutelado |
O alumnado, de maneira individual, elabora un proxecto sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma, tutelada, do alumnado, que inclúe a busca e recollida de información, elaboración de materiais e presentación dos resultados. |
Cartafol/dossier |
Elaboración e presentación individualizada dun dossier no que aparezan recollidos e documentados os traballos levados a cabo durante o curso. |