Educational guide 2023_24
Facultade de Belas Artes

Laboratorios e obradoiros

(*)

Obradoiros multiusos


Técnicos especialistas responsables
Fernando Portasany Fernández
Eduardo Calzado Díaz

Horario
Luns a venres de 10.00 h a 17.00 h




Estes obradoiros están a cargo de técnicos especialistas que supervisan e apoian o traballo de investigadores e estudiantes, proporcionando o asesoramento técnico necesario. Os obradoiros están dotados de ferramenta de man e maquinaria específicas.

Obradoiro de metal
Maquinaria e ferramenta para o traballo en metal: ferramenta de corte, pregado, soldadura, taladro, etc.

Obradoiro de madeira
Maquinaria e ferramenta para o traballo da madeira: escuadradoras, serras de disco e cinta, cepilladora, traladros de columna, etc.

Obradoiro de cerámica
Fornos cerámicos, tornos e outros medios para o traballo en barro e a cerámica.

Obradoiro de plástico
Espazo adecuado para aplicar procesos con plásticos e resinas. Maquinaria e ferramenta para manipulación de plásticos.

Obradoiro de baleirado e outros procedimentos
Espazo axeitado para a manipulación de escaiola e materiais similares.

Obradoiro de microfusión
Espazo para técnicas de moldeo especiais, dotado de instalacións de microfusión.

Obradoiro de serigrafía
Infraestrutura e maquinaria para a serigrafía: realización de pantallas por medios fotomecánicos, sistemas informáticos, distintos medios de estampación. Cabina de pintura a pistola. Instalación para aplicar pinturas e vernices con técnicas aerográficas.


Aula de internet

A aula de internet está asistida por un bolseiro da Universidade de Vigo. Nela os estudiantes dispoñen de equipamentos informáticos para a realización de traballos e de acceso a Internet para consultas relacionadas cos seus estudos.




Laboratorio de audiovisuais

O laboratorio de Audiovisuais está destinado á investigación e á docencia. Dispón de vinte postos dotados con equipamentos de edición dixital.




Laboratorio de informática 

O laboratorio de Informática está destinado á investigación e á docencia. Dispón de vinte postos dotados con equipamentos informáticos para edición de imaxe dixital, 3D, deseño de páxinas Web e tratamento fotográfico dixital.


Laboratorio de técnicas gráficas

Técnico especialista responsable
José Angel Zabala Maté

O laboratorio de Técnicas gráficas está destinado á docencia e investigación. Dispón de instalacións para gravado calcográfico.




Laboratorio de fotografía e vídeo

Técnico especialista responsable
Andrés Pinal Rodriguez

Espazo de capacidade media. Dotado de diferentes medios de iluminación continua e de flash, tanto cenital coma de chan, móbiles e regulables de forma centralizada. Dispón de paredes con illamento acústico e de paneis móbiles para a elaboración de cromas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000