Relación entre a performatividade e outras disciplinas artísticas |
Performance e fotografía
Performance e video
As artes escénicas: desvíos e limites coa performance |
Periferias da performance |
A pesar de que a performance é unha práctica que normalmente non se produce e presenta mediante as institucións oficiais da arte (galería, museo, organismo institucional/gobernamental) ten unha presenza cada vez máis importante no panorama oficial das artes visuais dentro do que poderíamos denominar o primeiro mundo.
Neste bloque temático analizaremos e observaremos o comportamento daquelas prácticas performativas que teñen lugar fóra deste panorama primeiromundista. A través deste estudo tentaremos localizar as diferenzas, particularidades ou semellanzas que existen entre a performance dos centros e a performance que se produce no que, dun xeito xeral, se pode denominar periferia artística. Para abordar esta análise deberemos entender o concepto «periferia» nun sentido amplo que transcende o puro límite xeográfico.
Este apartado abarca tamen a performance que ten como preocupacions esenciais temáticas de orientación LGTBIQ+
|