SISTEMA DE
AVALIACIÓN CONTINUA PROBA 1: PRIMEIRA PROBA DE TEORIA Descrición: Mediante a resolución de problemas e/o exercicios
avalíanse os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas
desenvolvidas nas actividades de teoria. Esta proba realizarase aproximadamente
a metade do período formativo avaliando as actividades de teoria desenvolvidas
ata ese momento. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/o
exercicios. % Cualificación: 25% % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA02, RA03 e RA04. ---------------------------------------------------------------- PROBA 2: SEGUNDA PROBA DE TEORIA Descrición: Mediante a resolución de problemas e/o
exercicios avalíanse os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas desenvolvidas
nas actividades de teoria. Esta proba realizarase despois do período formativo,
na data oficial de exame da oportunidade ordinaria, avaliando as actividades de teoria
desenvolvidas ata ese momento. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/o
exercicios. % Cualificación: 25% % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA02, RA03 e RA04. ---------------------------------------------------------------- PROBA 3: PRIMEIRA PROBA DE PRÁCTICA Descrición: Mediante unha práctica de laboratorio avalíanse
os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas desenvolvidas nas
actividades de práctica. Esta proba realizarase aproximadamente a metade do
período formativo, avaliando as actividades de práctica desenvolvidas ata ese
momento. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio. % Cualificación: 20% % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A2, A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA05 e RA06. ---------------------------------------------------------------- PROBA 4: SEGUNDA PROBA DE PRÁCTICA Descrición: Mediante unha práctica de laboratorio avalíanse
os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas desenvolvidas nas
actividades do práctica. Esta proba realizarase antes de finalizar o período
formativo, avaliando as actividades de práctica desenvolvidas ata ese momento. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio. % Cualificación: 20% % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A2, A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA05 e RA06. ---------------------------------------------------------------- PROBA 5: TRABALLO PRÁCTICO Descrición: Mediante a realización dun traballo práctico
avalíanse os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas desenvolvidas
nas actividades das prácticas. Esta proba realizarase o final do período
formativo, avaliando as actividades das prácticas desenvolvidas ata ese
momento. Metodoloxía(s) aplicada(s): Traballo práctivo. % Cualificación: 10% Competencias avaliadas: A2, A5, B2, B5, C7, D2, D3 Resultados de aprendizaxe avaliados: RA07 e RA08. ---------------------------------------------------------------- Aclaracións en relación á avaliación continua: Se o alumnado
preséntase a calquera das probas de avaliación continua enténdese que se acolle
ao procedemento de avaliación continua descrito anteriormente. Posteriormente,
pode cambiar a avaliación global tal como descríbese no sistema de avaliación
global. Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle unha
cualificación de 0 nela. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da modalidade de avaliación
global: Considérase que o alumnado opta polo sistema de avaliación global se se
presenta a algunha das probas de avaliación global. Non é necesario que o
alumnado informe por adiantado da súa elección pola modalidade de avaliación
global, o presentarse a algunha das probas de avaliación global manifesta
formalmente a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global. PROBA 1: PROBA GLOBAL DE TEORIA Descrición: Mediante a resolución de problemas e/o
exercicios avalíanse os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas
desenvolvidas nas actividades de teoría. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/o
exercicios. % Cualificación: 50%. % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA02, RA03 e RA04 ---------------------------------------------------------------- PROBA 2: PROBA GLOBAL DE PRÁCTICA Descrición: Mediante unha práctica de laboratorio avalíanse
os coñecementos, competencias e habilidades ou destrezas desenvolvidas nas
actividades das prácticas. Metodoloxía(s) aplicada(s): Prácticas de laboratorio. % Cualificación: 50%. % Mínimo: Para a liberación desta parte obrigatoria da
materia o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Competencias avaliadas: A2, A5, B2, B5, C7. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA05 e RA06. ---------------------------------------------------------------- Aclaracións para o alumnado que comezou en avaliación
continua: 1. O alumnado
que comezou en avaliación continua e realizou a primeira proba de TEORIA, pode
presentarse a unha destas dúas probas: ou á segunda proba de TEORIA ou á proba
global de TEORIA, nunca a ambas. 2. O alumnado
que comezou en avaliación continua, se se presenta á proba global de TEORIA e
non se presenta á proba global de PRÁCTICA, a nota da proba global de PRÁCTICA
será a nota media da primeira proba de PRÁCTICA e a segunda proba de PRÁCTICA. 3. O alumnado
que comezou en avaliación continua, se se presenta á proba global de PRÁCTICA e
non se presenta á proba global de TEORIA, a nota da proba global de TEORIA será
a nota media da primeira proba de TEORIA e a segunda proba de TEORIA. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E
FIN DE CARRERA Empregaranse os criterios de avaliación global expostos
anteriormente. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4. DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das
diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI,
atópanse publicadas na páxina web da ESEI
https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade." CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do
profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |