Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Atención das consultas do alumnado relacionadas cos casos a resolver nos grupos medianos. Desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e en horario de titorías). Tamén poderá realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, despacho virtual, videoconferencia, ...), baixo a modalidade de concertación previa.
Estudo previo Atención das consultas do alumnado relacionadas cos temas da materia. Desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e en horario de titorías). Tamén poderá realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, despacho virtual, videoconferencia, ...), baixo a modalidade de concertación previa.
Presentación Atención das consultas do alumnado relacionadas coa exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dos casos e problemas plantexados. Desenvolverase de forma presencial (directamente na aula ou en horario de titorías).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000