A descrición desta guía está pensada para a avaliación continua. A nota obtida polo alumno na parte presencial terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico. Os alumnos que escollan o sistema de avaliación non continua, deberán comunicalo formalmente no primeiro mes de docencia, poderán presentarse a un exame coa totalidade da materia, puidendo obter o 100% da nota final. "As diferenzas entre sistemas de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo xustificanse pola necesaria adaptacinón a medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos e número medio de alumnos por grupo." A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-25 No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
As probas de avaliación
se prevén para unha modalidade presencial. |