Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas avaliación: En Avaliación Continua (AC) ó remate das partes II e III do programa da
materia, realizaránse dúas probas presenciais nas que proporáse un caso
que o alumnado deberá resolver de xeito individual que permitirá avaliar
o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e
xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos (40%) e a
relativa ó IS cun máximo de 3 puntos (30%)
70 A2
B1
B3
C8
C16
D1
Resolución de problemas de forma autónoma En Avaliación Continua (AC) avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de
cada tema.
En AC este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo
global de 3 puntos (30%).
30 A2
B10
B13
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

Nesta asignatura realizarase unha Avaliación Continua  (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente.

Para superala asignatura por Avaliación Continua (AC) deben cumplirse dúas condicións:

1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba IRPF, proba IS, tests).

2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas IRPF e IS, tests).

A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en Avaliación Continua. Tamén se sairá da Avaliación Continua se non se acada alomenos un 25% da nota máxima en cada un dos tres itéms avaliables (proba IRPF, proba IS, tests).

A nota final por AC  será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se queden fora da AC  terán a opción de presentarse á proba de Avaliacion Global na convocatoria oficial. Esta proba de Avaliación Global consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba Avaliación Global suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en AC.

O estudantado pode renunciar á AC  e pasarse á Avaliación Global comunicando por escrito ó coordinador da materia no seguinte prazo: do 11 de setembro ó 11 de outubro (ámbolos dous días incluídos).

Convocatoria de segunda oportunidade
A convocatoria de segunda oportunidade consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000