Ao longo do curso entregarase documentación detallada sobre o desenvolvemento das actividades. Esta información será ofrecida a través do curso virtual en MOOVI, polo que todos os alumnos/as deben estar dados de alta na plataforma e ter cubertos os seus datos de perfil.
A bibliografía necesaria para a preparación e execución das tarefas e traballos de cada unha das prácticas externas será preparada e entregada ao alumnado polas persoas que o titoricen xunto co proxecto formativo específico da práctica. |