Guia docente 2024_25
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O alumnado responderá a preguntas directas tipo test sobre aspectos concretos vistos no ámbito da materia, nas que a resposta é breve.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia
40 A3
B2
C4
C5
D1
D2
D4
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado e participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A3
A4
A5
B2
B3
C5
D1
D4
D5
D8
D15
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado deberá presentar un informe do itinerario, procedimentos e temas desenvolvidos na visita de estudos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado e elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
20 A4
A5
B3
C5
C18
D2
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá os problemas e cuestións plantexadas nos estudos de caso, aplicando os coñecementos para o análise das situacións.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia; Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
30 B3
C5
C18
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar
una calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. O alumnado que non cumplimente un mínimo do 80% das actividades prácticas nos prazos establecidos, pasará ao modelo de avaliación global. En caso de
non acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que teñan recoñecida a modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Respecto aos eventos científicos (horas reservadas para a asistencia a
actividades de temática transversal organizadas pola Área, o Departamento ou a
Facultade), no caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran
presencialidade serán substituidas por otras que permitan poder acceder ao mesmo
porcentaxe da calificación final (observación sistemática).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de “avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable
da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre
(artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (40%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (60%) e deberase acadar un mínimo do 50% da calificación máxima en cada un deles para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000