Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais |
C12 |
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado |
C14 |
Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado |
C16 |
Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade |
C20 |
Coñecemento da historia europea nunha perspectiva comparada |
C22 |
Coñecemento da historia universal |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D3 |
Capacidade de organización e planificación |
D7 |
Capacidade de razoamento crítico |
D11 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma |
D15 |
Sensibilidade a temas ambientais. |