Prácticas de laboratorio |
A atención personalizada completarase mediante as titorías. A gran achega da titoría como modalidade de ensino é a posibilidade de facilitar a personalización e individualización do proceso de ensino-aprendizaxe. Por medio da atención titorial apóiase e asesora ao estudante no seu proceso de aprendizaxe, axustándose ás súas peculiaridades e necesidades concretas. As titorías favorecen o seguimento do desenvolvemento das/os estudantes. Permiten ter un coñecemento maior do seu desenvolvemento académico, das súas dificultades, etc. Tamén propician a relación interpersoal profesor/a-alumno/a.
|
|