O primeiro día de clase presentarase a asignatura e explicarase o sistema de avaliación. Avaliación Continua: A calificación da avaliación continua (que denominaremos AC) terá un peso do 40% da calificación final e incluirá tanto os contidos do traballo tutelado (peso do 20%, que denominaremos calificación TT) como a resolución de dos casos clínicos realizados mediante seminarios (peso do 40%, que denominaremos calificación S). A calificación S obterase mediante probas teórico-prácticas (poderán comprender preguntas obxectivas e/ou preguntas de desenvolvemento) sobre contidos de aula. A calificación do TT obterase mediante a valoración da defensa do mesmo.
O 40% restante da calificación final obterase mediante a realización dun examen final (EF) tipo test no que cada resposta incorrecta restará 0,25 puntos.
Aqueles alumnos que non se presenten ó examen final obterán unha calificación de non presentado.
Calificación final (G) da asignatura para a modalidade de avaliación continua:
G= TT + S EF, sempre e cando sexa maior ou igual a 1,6 sobre 4. si non se alcanza este mínimo, considérase a materia como non superada e, aunque a suma total sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será de 4,5 puntos.
Avaliación Global:
Aqueles alumnos que non se acollan ou perdan o dereito a AC (máis de 10% de falta de asistencia e/ou non realización do TT e/ou S) serán avaliados no EF sobre a totalidade dos contidos impartidos na materia (incluindo os seminarios e os traballos tutelados) e deberán alcanzar un 5 sobre 10 puntos.
2ª Oportunidade: a calificación establecerase en base a o exame global (100% calificación)
Compromiso ético. Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso de copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc Considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a calificación final no presente curso académico será de suspenso (0,0)
As datas dos exames serán publicadas publicadas na web do centro. AULAS 21 e 23.
|