AVALIACIÓN O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades. Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. Avaliación continua (AC): A nota da AC, terá un peso do 40% da nota final e comprenderá tanto os contidos do traballo tutelado (peso do 20%, que denominaremos nota TT) como a resolución de dous casos clínicos realizados a través de seminarios (peso do 40%, que denominaremos cualificación S). A cualificación S obterase mediante probas teórico-prácticas (que poden incluír preguntas obxectivas e/o de desenvolvemento) sobre a contidos da aula.
A cualificación da TT obterase mediante a valoración da defensa da mesma.
O 40% restante da nota final obterase mediante a realización dun exame final (EF) tipo test no que cada resposta incorrecta restará 0,25 das correctas. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final recibirán a cualificación de non presentado.
Nota final (G) da materia para a modalidade de avaliación continua:
G= TT+ S + EF, sempre que sexa superior ou igual a 1,6 sobre 4. Se non se alcanza este mínimo, a materia considérase non superada e, aínda que a suma total sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será de 4,5 puntos.
Avaliación Global (EG):
O alumnado que non se acolla ou perda o dereito á AC (máis do 20% de falta de asistencia non xustificadas e/o non superación do TT e/o S) serán avaliados na EG sobre todos os contidos impartidos na materia (incluídos seminarios e traballos tutelados) e deberá alcanzar un 5 sobre 10 puntos.
Segunda oportunidade: Terase en conta exclusivamente a avaliación global (100% cualificación)
As datas de exame oficiais publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23.
MATRÍCULA DE HONRA:
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.
Compromiso ético.
Espérase que o estudante mostre un comportamento ético apropiado. En caso de copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, #etc.considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota final do curso académico en curso será de suspenso (0,0).
Compromiso ético:
Espérase que o estudante mostre un comportamento ético apropiado. En caso de copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, #etc.considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota final do curso académico en curso será de suspenso (0,0). |