Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría de urxencias e coidados críticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Resolución adecuada de casos clínicos 40 B2
B11
C13
C29
D2
D4
D5
Traballo tutelado O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado os seus desenvolvementos con actividades autónomas do estudante. 20 B11
C4
C13
C29
C32
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B2
B11
C29
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN 

 O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades. Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. 

Avaliación continua (AC): 

A nota da AC, terá un peso do 40% da nota final e comprenderá tanto os contidos do traballo tutelado (peso do 20%, que denominaremos nota TT) como a resolución de dous casos clínicos realizados a través de seminarios (peso do 40%, que denominaremos cualificación S). A cualificación S obterase mediante probas teórico-prácticas (que poden incluír preguntas obxectivas e/o de desenvolvemento) sobre a contidos da aula.

A cualificación da TT obterase mediante a valoración da defensa da mesma.

O 40% restante da nota final obterase mediante a realización dun exame final (EF) tipo test no que cada resposta incorrecta restará 0,25 das correctas. 

 Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final recibirán a cualificación de non presentado.

Nota final (G) da materia para a modalidade de avaliación continua:

G= TT+ S + EF, sempre que sexa superior ou igual a 1,6 sobre 4. Se non se alcanza este mínimo, a materia considérase non superada e, aínda que a suma total sexa superior a 5, a nota máxima que aparecerá na acta será de 4,5 puntos. 


Avaliación Global (EG): 

 O alumnado que non se acolla ou perda o dereito á AC (máis do 20% de falta de asistencia non xustificadas e/o non superación do TT e/o S) serán avaliados na EG sobre todos os contidos impartidos na materia (incluídos seminarios e traballos tutelados) e deberá alcanzar un 5 sobre 10 puntos. 

Segunda oportunidade: 
Terase en conta exclusivamente a avaliación global (100% cualificación)

As datas de exame oficiais publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23. 

MATRÍCULA DE HONRA: 


Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.


Compromiso ético.

Espérase que o estudante mostre un comportamento ético apropiado. En caso de copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, #etc.considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota final do curso académico en curso será de suspenso (0,0).

Compromiso ético:

Espérase que o estudante mostre un comportamento ético apropiado. En caso de copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, #etc.considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota final do curso académico en curso será de suspenso (0,0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000