PRIMEIRA OPORTUNIDADE De acordo á
normativa, as diferentes probas que se realizarán non superarán o 40% da
nota total final. Por iso, a longo
do curso se realizarán de forma individual e a través dun proceso de tutorización unha serie de problemas, que se deberán entregar resoltos nos prazos
que se fixarán ao longo do curso. O conxunto destes problemas/probas valerá o 20% da nota final. O exame oficial
final constará de dúas partes: - Resolución de problemas cun
valor do 30% - Parte teórica que corresponde á metodoloxía "Lección maxistral" cun valor do 10%
Tamén se realizará
ao longo do curso un traballo individual que será entregado e
presentado en clase e que valerá, respectivamente, o 15% e o 25% da nota
final. A data do exame oficial final será fixada pola Escola: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames SEGUNDA OPORTUNIDADE O alumnado poderá
conservar as notas de cualificación obtidas nas probas previas ao exame
oficial final da primeira oportunidade, ou facer un exame único que as substitúa para poder obter o 100% da nota total final. AVALIACIÓN GLOBAL Aqueles alumnos
que non desexen seguir a modalidade de avaliación continua, poderán renunciar á mesma no
prazo mínimo dun mes e máximo ata 6 semanas desde o inicio do
cuadrimestre. Realizarán un exame único equivalente que valore as metodoloxías descritas (90% parte práctica/problemas e 10% parte de teoría) na
data oficial marcada pola Escola, tanto na primeira como na segunda
oportunidade. |