Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Máster Universitario en Técnicas Estatísticas
 Materias
  Estatística espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba de resolución de exercicios que o/a alumno/a debe desenvolver de forma presencial e autónoma nas clases prácticas, para a avaliación do nivel alcanzado nas competencias correspondentes 25 A3
B3
B5
C4
C6
C8
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Proba de resolución de cuestións de tipo test ou de resposta curta sobre os contidos teóricos e casos estudados, para a avaliación das competencias adquiridas 50 A1
A3
C3
C6
C9
C10
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de resolución de exercicios que o/a alumno/a debe desenvolver na data de convocatoria oficial de exame desta materia, para a avaliación do nivel alcanzado nas competencias correspondentes 25 A2
A4
B2
B3
B5
C2
C4
C6
C8
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Considerarase que o/a estudante se presenta á avaliación se participa en actividades que lle permitan obter polo menos un
50% da avaliación final.

A) Convocatoria ordinaria

A.1) Avaliación continua (25%): Proporase unha proba con distintos exercicios relativos aos temas 1 e 2, que cada estudante
deberá realizar de forma individual nunha sesión presencial fixada con esta
finalidade. A avaliación continua soamente se poderá ter en conta para o
cálculo da nota final se se supera, é dicir, se se obtén nela unha valoración
dun mínimo de 5 puntos, nunha escala de 0 a 10. En caso contrario, deberá realizarse a recuperación correspondente no exame final.

A.2) Exame final (75%): Na convocatoria
ordinaria, o exame final constará de dúas probas, unha para a parte teórica e
outra para a parte práctica, segundo se indica a continuación:

a) Para a avaliación da docencia teórica proporase un exame con preguntas de tipo test e/ou resposta curta, que terá
un peso do 50% na nota final.

b) Para a avaliación da parte práctica, realizarase
un exame con distintos exercicios que deberán resolverse utilizando o
programa R. O exame final da parte práctica terá dúas
modalidades:

- Para as persoas que tivesen superada a avaliación
continua, o exame terá un peso do 25% na nota final e abarcará os
temas 3, 4 e 5.

- Para as persoas que non tivesen superada a
avaliación continua, o exame terá un
peso do 50% na nota final e abarcará toda a materia.

Para superar a materia na convocatoria ordinaria é necesario alcanzar
unha nota final dun mínimo de 5 puntos, nunha escala de 0 a 10, e conseguir
un mínimo de 4 puntos, nunha escala de 0 a 10, en cada unha das probas do
exame final.

B) Convocatoria extraordinaria

Na avaliación
da convocatoria extraordinaria seguiranse os mesmos
criterios que na convocatoria ordinaria. Deste xeito, manterase a nota
da avaliación continua, no caso de que se tivese superada. Así mesmo, o
exame final constará das mesmas probas e modalidades que na
convocatoria ordinaria, segundo se tivese superada ou non a avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000