Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/A docente indicarálle a data e hora asignadas á tutoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico. Na plataforma web do máster facilitaráse información sobre os exames/probas de avalición e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. O sistema de avaliación trata de determinar a capacitación do alumnado para comprender a metodoloxía e técnicas de análise de datos espaciais, así como resolver casos prácticos mediante o programa R. A) Primeira oportunidade: na primeira oportunidade de avaliación establécense dous sistemas de avaliación, continuo e global, que se describen a continuación. A.1) Avaliación continua (100%): o alumnado deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación: - Resolución autónoma de problemas (10%): exercicios e actividades sobre os contidos impartidos nas clases expositivas, que deberán realizarse deforma autónoma e entregarse no prazo establecido dentro do período lectivo presencial. - Resolución de problemas (25%): proba con exercicios prácticos de análise descritiva e modelización da dependencia no contexto espacial, que o/a alumno/a deberá resolver mediante o programa R e se desenvolverá nunha clase interactiva. Se o/a alumno/a non obtén nesta proba unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10, deberá repetir esta proba na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): proba con preguntas sobre os contidos impartidos nas clases expositivas e que se realizará na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Resolución de problemas e/ou exercicios (25%): proba con exercicios prácticos de predición espacial e análise espazo-temporal, que o/a alumno/a deberá resolver mediante o programa R e terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. Para superar a materia por avaliación continua é necesario acadar unha cualificación final dun mínimo de 5 puntos sobre 10 e obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas que deban realizarse na data de celebración da convocatoria. A.2) Avaliación global (100%): o alumnado deberá realizar as probas que se indican a continuación: - Exame de preguntas de desenvolvemento (50%): proba con preguntas sobre os contidos impartidos nas clases expositivas e que se realizará na data establecida no calendario oficial de exames desta convocatoria. - Resolución de problemas (50%): proba con exercicios prácticos de análise descritiva e modelización da dependencia no contexto espacial, predición espacial e análise espazo-temporal, que o alumno deberá resolver mediante o programa R e terá lugar na data establecida no o calendario oficialde exames desta convocatoria. Para superar a materia por avaliación global é necesario acadar unha cualificación final dun mínimo de 5 puntos sobre 10 e obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas que deban realizarse na data de celebración da convocatoria oficial. B) Segunda oportunidade e fin de grao: Na segunda oportunidade e posteriores só se contempla a modalidade de avaliación global e seguiranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade. C) Observacións sobre a avaliación: - En ambas as modalidades de avaliación, a docencia é presencial, polo que nas sesións de clase se facilitarán explicacións dos contidos e do material. - A cada estudante asignaráselle inicialmente a modalidade de avaliación continua na primeira oportunidade, aínda que pasará a asignárselle a modalidade de avaliación global no caso de que non se presente á proba práctica de resolución de exercicios, que se realizará nunha sesión de clase. - O sistema de cualificación dun/dunha estudante que sexa asignado/a á modalidade de avaliación global non terá en conta ningunha actividade de avaliación continua realizada polo alumno. - O/A estudante que non participe na avaliación continua nin na avaliación global figurará na acta como "non presentado/a". - Recoméndase que o alumnado teña en conta o Título VII (Da utilizaciónde medios ilícitos), do Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/). normativo/público/normativo/documento/downloadbyhash/4904ced4
|