A materia Matemática das operacións financeiras introduce ao alumno na lóxica da valoración financeira, indispensable para a toma de decisións e a correcta interpretación da información no ámbito das finanzas e a contabilidade. Baixo o principio básico do valor do diñeiro no tempo, o estudante coñece, comprende e aplica a metodoloxía matemático-financeira á análise das operacións financeiras máis frecuentemente contratadas. Préstase especial atención ao cálculo de custos e rendementos reais das operacións financeiras.