Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de tarefas que o alumno realiza durante todo o cuadrimestre, sobre competencias xenéricas, específicas e transversais.
Resultados de aprendizaxe:
Empregar as ferramentas de valoración máis apropiadas para a resolución dos problemas expostos.
Mostrar fluidez na resolución dos problemas financeiros básicos e interpretar correctamente os seus resultados.
Utilizar, de forma adecuada, vocabulario e simboloxía matemático-financeira.
Xulgar a consistencia dos seus resultados.
Resolver cuestións financeiras mediante o uso da folla de cálculo.
Organizar de forma eficiente a aprendizaxe.
Identificar o campo de aplicación xeral da Matemática financeira.
Distinguir os aspectos esenciais das operacións financeiras.
Manexar fontes de información económico-financeira fiables e actualizadas.
Incorporar a retroalimentación personalizada para consolidar o seu proceso de aprendizaxe.
Mostrar unha actitude respectuosa cos demais e consigo mesmo no proceso de aprendizaxe.
Realizar actividades de autoavaliación.
30 B1
B2
B3
B13
C7
C9
C12
C16
D3
D4
D5
Probas de resposta curta EXAME FINAL:
Proba presencial, na data oficialmente establecida. (http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201415.html)
Avalíase a adquisición de competencias de coñecemento, a destreza na práctica e a aplicación da lóxica financeira a novas situacións.
Consta de tres niveles: básico, intermedio e avanzado.
70 B1
B2
C7
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira sesión do curso coméntase con detalle toda a información relativa á avaliación continua e ponse a disposición do alumno o cronograma da materia, con planificación semanal do seu proceso de aprendizaxe. Ademais, preséntase o curso en liña MOF Virtu@l, especificamente deseñado para a aprendizaxe de Matemática financeira, seguindo o programa da
materia e o ritmo pautado nas clases presenciais.

A nota de avaliación continua do alumno consérvase, exclusivamente, no curso académico no que se obtén.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000