Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula, por parte do docente, dos contidos máis relevantes e de maior dificultade conceptual. Selección de exemplos básicos para clarificar conceptos.
Distribución: 15 sesións de 1 hora e media cada unha.
Carácter presencial.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos seminarios prácticos proponse:
- Exercicios con resolución guiada polo profesor, tras un previo debate de formulacións entre os alumnos.
- Exercicios con resolución autónoma.
Distribución: 9 sesións de 2 horas e media cada unha.
Carácter presencial.
Titoría en grupo Revisión e control de competencias de coñecemento e destreza na práctica.
Realización de dúas probas de nivel básico:
- Primeira proba (temas 1, 2, 3 e 4)
- Segunda proba (temas restantes do programa)
Distribución: 2 sesións (a metade de curso e a final de curso) de 2 horas e media cada unha.
Carácter presencial.
Outros MOF Virtu@l:
O alumno dispón dun curso en liña especificamente deseñado para estimular o seu proceso de aprendizaxe, seguindo o programa da materia e o ritmo pautado nas clases presenciais.
Inclúe as unidades didácticas do programa, en soporte dixital e en formato pdf, con obxectivos de aprendizaxe, autoavaliaciones, exemplos de cada concepto, glosarios, enunciados de prácticas, actividades propostas e bibliografía. Ademais, ao final de cada unidade didáctica, o alumno pode comprobar o nivel de progreso alcanzado en cada tema realizando un test de autoavaliación, que incorpora retroalimentación personalizada.
Tamén se inclúen outros recursos didácticos como a resolución comentada de exames de convocatorias anteriores.
Carácter non presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000