O TFG estará orientado a que o alumnado amose a capacidade de integración de diversos contidos formativos e competencias asociadas ao título, axustándose ao contemplado en cada unha das memorias respectivas dos graos e á súa concreción nas guías docentes.